(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1963 (61 anos) Torrance, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Mira Costa High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | batería, enxeñeiro de son, compositor, actor de cinema, produtor musical, músico, actor, guitarrista |
Período de actividade | 1978 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock |
Instrumento | Batería |
Selo discográfico | New Alliance Records |
|
John William Stevenson, nado o 10 de setembro de 1963 en Torrance (California), é un músico e produtor estadounidense. É o batería e un dos compositores da banda californiana de punk rock Descendents. A finais de decembro de 1981, Bill realizou un feixe de concertos con Black Flag, debido a que o seu batería ROBO estaba detido en Inglaterra despois de realizar unha xira alí, e gravou coa banda en varios dos seus álbums ata 1985. Despois centrou a súa atención nos Descendents e tocou con eles ata que Milo Aukerman deixou o grupo en 1987. Despois da saída de Milo, Bill e os outros membros da banda, Karl Alvarez e Stephen Egerton, uníronse ao vocalista Dave Smalley de Dag Nasty e formaron All. All tería dous cantantes máis, Scott Reynolds (1989–1993) e Chad Price (1993–actualidade). Aukerman regresou para o álbum de 1996 Everything Sucks e para o máis recente Cool to Be You. All e Descendents continúan xirando cando llo permiten as carreiras de Stevenson e Aukerman, enxeñeiro de son e bioquímico respectivamente. Porén, pasaron xa uns anos dende a última xira de ámbalas dúas bandas.
Stevenson, xunto con Jason Livermore, é o fundador do estudio de gravación The Blasting Room, situado en Fort Collins, Colorado. Na actualidade Stevenson está involucrado no proxecto paralelo de Russ Rankin, Only Crime, xunto con antigos membros de GWAR e Converge.
Os traballos máis recentes de Stevenson foron a produción do sexto álbum de estudio de Rise Against, Endgame, que foi publicado o 11 de marzo do 2011, e a do último disco de NOFX, Coaster. En agosto do ano 2007 revelou que tiña plans de producir e tocar a batería no seguinte álbum de The Lemonheads, que ata a data aínda non foi editado.